SonDaRúa (Sondarua ou Son Da Rúa) é un grupo de rap en galego formado en Ponteareas, Pontevedra no ano 2016.

O grupo creouse formalmente a mediados do 2016 co lanzamento dos temas “Fóra” e “Estilo combativo” na plataforma Youtube. Antes da constitución do grupo como tal, os dous membros fundadores xa ofrecían directos nos que alternaban cancións de rap ao estilo clásico con DJ, e acústicos nos que Alex Arnoso tocaba a guitarra e Hugo Guezeta adoitaba ser a voz principal.