OVICA, a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia, fundouse en 1994 por trece gandeiros que confiaban nas posibilidades do sector. Deste xeito foi a primeira e única asociación que logra agrupar a produtores de gando ovino e caprino, tanto de carne coma de leite no conxunto de Galicia.