Hosting pola empresa galega dinahosting

Galiza co Galego - Mesa Pola Normalización Lingüística e Galiza co Galego

Menu


Mesa Pola Normalización Lingüística e Galiza co Galego

A Mesa pola Normalizacion Lingüística e Galiza co Galego asinan un convenio de colaboración.

As dúas entidades coinciden na defensa activa do dereito á educación en galego

A Vicepresidenta da Mesa pola Normalizacion Lingüística, Susana Méndez Rodríguez e o Presidente da Asociación Galiza co Galego, Francisco Xosé López, asinaron o 17 de xuño un convenio de colaboración no que ambas as asociacións acordan :

Por parte de GcG, difundir as actividades, campañas, publicacións e propostas da MNL entre as súas persoas asociadas, na súa rede social, e na Rede de Ensino Popular.

Garantir e colaborar para que o uso da lingua galega sexa vehicular nas escolas que participen da Rede de Ensino Popular.

Participar e colaborar nas campañas en prol do galego que realice a MNL.

Por parte da MNL, difundir as actividades, campañas, publicacións e propostas de Galiza co Galego entre as súas persoas asociadas e nas súas redes sociais.

Que as persoas asociadas de ambas as asociacións serán beneficiarias, en todo ou en parte, das actividades que desenvolvan cada unha delas.

Que igualmente ambas as asociacións poderán organizar actividades conxuntas nas condicións que acorden.

Desde o seu nacemento, A Mesa desenvolveu numerosas campañas e denuncias que a converteron nun referente social imprescindíbel no terreo da normalización lingüística. Hoxe é unha organización consolidada, implantada en toda Galiza, con 4.000 socios e socias e unha repercusión social moi importante.

Este novo apoio da Mesa pola Nomalización Lingüística de certo contribuirá á defensa activa do dereito á educación en galego.