Hosting pola empresa galega dinahosting

Galiza co Galego - Convenio de colaboración con Nova Escola Galega

Menu


Convenio de colaboración con Nova Escola Galega

 

Nova Escola Galega e Galiza co Galego asinan un convenio de colaboración.

A Presidenta da Asociación Pedagóxica Nova Escola Galega, María Dolores Candedo e o Presidente da Asociación Galiza co Galego, Francisco Xosé López, asinaron o 10 de xullo un convenio de colaboración no queambas as asociacións se comprometen a:


 - Por parte de Galiza co Galego (GcG), difundir as actividades, publicacións e propostas pedagóxicas de NEG dentro da Rede de Ensino Popular.

- Por parte de Nova Escola Galega (NEG), formar parte da comisión pedagóxica da asociación Galiza co Galego e prestarlle asesoramento pedagóxico.

- As persoas asociadas de ambas asociacións serán beneficiarias, en todo ou en parte, das actividades que desenvolvan cada unha delas ou das que se acorde facer en conxunto.

 As dúas asociacións coinciden no obxectivo dunha educación laica, plural, en valores, de calidade e en lingua galega.

 A Asociación Pedagóxica Nova Escola Galega nacía en 1983 preocupada por impulsar o traballo de renovación pedagóxica e de galeguización lingüística e curricular do sistema educativo de Galicia e van xa case 30 anos que traballa na defensa do idioma. Como recoñecemento da súa traxectoria, recibiu este maio pasado, de parte do Padroado da Fundación Pedrón de Ouro, o “Pedrón de Ouro 2012”.


 A Asociación Galiza co Galego ten o seu xermolo en 2009 e pretende apoiar a viabilidade económica das escolas en galego e desenvolver a Rede de Escolas Populares Infantís; neste momento está a dar os primeiros pasos coa creación da Cooperativa Popular de Ensino -Avoaescola- como ferramenta para dar escola.