Hosting pola empresa galega dinahosting

Galiza co Galego - Dúbidas e certezas.

Menu


Dúbidas e certezas.

Pregunta 1.- Podiades explicarme a opción de socio protector (non teño fillos en idade escolar, polo que non vou usar os servizos das escolas).

Resposta 1.- A gran maioría dos que formamos parte de Galiza co Galego, non temos fillos e fillas en idade escolar, non imos usar os servizos das escolas, nin imos dar aulas, e tampouco imos traballar como persoal na Rede ou Cooperativa.

Socios/as protectores/as: Son aquelas persoas que, libre e voluntariamente, realizan traballos non remunerados ou achegas que contribúen a que GcG poida conseguir os seus fins.”

Son todas as persoas, estudantes, pensionistas, parados,etc que non poden ou non desexan comprometer unha achega económica, e tampouco un compromiso de participación na Asociación. As súas contribucións son voluntarias e sen estabelecemento de cantidade.

Ser, unicamente, socio protector é pois unha situación especial de colaboración coa Asociación.

Socios/as beneficiarios/as: Son aquelas persoas que contribúen ao mantemento de GcG, tanto poden ser alumnos/as coma titores, persoal docente ou non docente dun centro de ensino ou dun lugar de traballo que forme parte de GcG ou/ e da súa Rede (REP).”

Son a parte viva da Asociación, reciben escola, dan escola, manteñen a escola, poñen en práctica o obxecto e os fins da Asociación. Obteñen un beneficio por ser usuarios da Rede Popular de Ensino.

Socios/as numerarios/as: Son aquelas persoas que, sen ser socios/as beneficiarios/as, contribúen ao mantemento de GcG e da Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola” (CEPA).”

Son o cerne da asociación, que ademais de contribuír economicamente e socialmente (sen ser beneficiarios), colaboran no mantemento da Rede Popular de Ensino e son tamén socios da Cooperativa Popular de Ensino, que é a ferramenta de garantía da educación en galego.

Os socios beneficiarios e numerarios son os que fan posíbel Galiza co Galego.

En conxunto todos os socios/as forman a base social de Galiza co Galego.

 

Pregunta 2.- Os socios numerarios terán que aboar a diferenza económica en caso de non acadarse o total? sen límite económico?

Reposta 2 .- O límite son 200 euros; non se vai pedir unha achega superior a esa cantidade de 200 euros.

A achega ao fondo da escola popular que efectúa cada socio/a, a modo de préstamo, por un importe mínimo de cen (100) e máximo de douscentos (200) euros, contribución que pode realizarse por xunto ou como máximo en dez (10) cotas nun período non superior ao ano.

A asemblea xeral de socios será quen determine o importe da achega ao fondo da escola popular, dentro dos límites estabelecidos. Os/as socios/as terán a obriga de aboar a diferenza en caso de que a achega satisfeita ao fondo da escola popular fose inferior, e a recibir a devolución correspondente no caso de ser superior.” [artigo 32.c]”

Un exemplo:

Poñamos que a asemblea anual de socios estabelece en 100 euros a achega dos socios/as, que se precisa para o fondo da escola popular.

Se ao cabo de dous anos, por decisión de novo da asemblea anual, esta considerase necesario que a achega para o fondo da escola popular dos socios/as sexa de 200 euros (tope máximo), os socios/as anteriores á última asemblea anual (e que, por tanto, xa achegaran no seu día 100 euros) deberán de novo aboar outros 100 euros para igualar a súa contribución coa dos novos socios/as.

Se o caso fose á inversa, é dicir, que os socios/as antigos achegaran 200 euros e ao cabo de dous anos a cantidade estabelecida sexa de 100, entón terían que recibir 100 euros, para igualar a súa contribución coa dos novos socios/as.

Nunca se poden superar por socio os 200 euros para o fondo das escolas (unha achega única independentemente do tempo que a persoa permaneza como socia de GcG).

 

Pregunta 3.- Se unicamente quero achegar a cantidade que se estableza entre 100-200 euros que opción debería escoller?”

Reposta 3.- No caso de que só se achegase unha cantidade para o fondo das escolas, a persoa tería a consideración de socio protector (sen cota) e cos dereitos estabelecidos nos estatutos. Se a cantidade ou doazón fose moi importante, para ser aceptada, terá que contar co informe favorábel da Comisión Reitora e a aprobación da asemblea xeral.

No caso de doazón non se terá dereito á restitución de todo ou parte do achegado; neste caso deberá constar no concepto de ingreso“doazón a Galiza co Galego”.

No caso de achega para o fondo das escolas deberá de facerse constar no concepto de ingreso “fondo de escolas”.

Conforme á conta de resultados, á finalización do exercicio económico estabelecerase a porcentaxe da totalidade da achega realizada polo socio/a ao fondo da escola popular que, sen pór en perigo a consecución dos fins da asociación, ten dereito a que lle sexa restituída no caso de baixa. [artigo 32.e]

En calquera caso, quen realice o ingreso debera de cubrir o formulario cos seus datos, para coñecemento de Galiza co Galego, e así poder ser socio/a protector/a.

O ingreso farase na conta que a Asociación ten na Caixa Rural Galega: 3070-0044-58-6085308424.

O socio/a protector/a ten todos os dereitos do resto dos socios, agás as limitacións estabelecidas nos estatutos como a de non ter dereito a voto e non poder ser cargo directivo da Asociación.