Hosting pola empresa galega dinahosting

Galiza co Galego - Galiza co Galego

Menu


Galiza co Galego

Galiza co galego

Galiza co Galego é unha asociación sen ánimo de lucro que está a constituír o Fondo económico da Escola Popular, para axudar ás familias a exerceren o dereito universal da infancia á educación, unha educación en galego, laica, pluralista, democrática, de valores e de calidade.

Galiza co Galego apoia a viabilidade económica das escolas en galego e a posta en marcha da Rede de Escolas Populares Infantís.

Por medio da Cooperativa Popular de Ensino “Avoaescola” como ferramenta para dar escola, está a crear espazos de educación infantil en galego, como Avoaescola Ferrolterra.

 
Na asemblea de Galiza co Galego do pasado día 28 de xaneiro aprobáronse os estatutos, que, no seu artigo 6, estabelecen o seguinte canto a socios/as:

Socios/as protectores/as: Son aquelas persoas que, libre e voluntariamente, realizan traballos non remunerados ou achegas que contribúen a que GcG poida conseguir os seus fins.”

Son todas as persoas, estudantes, pensionistas, parados,etc que non poden ou non desexan comprometer unha achega económica, e tampouco desexan ou poden ter un compromiso de participación na Asociación. As súas contribucións son voluntarias e sen estabelecemento de cantidade.

Ser, unicamente, socio protector é pois unha situación especial de colaboración coa Asociación.

Socios/as beneficiarios/as: Son aquelas persoas que contribúen ao mantemento de GcG, tanto poden ser alumnos/as coma titores, persoal docente ou non docente dun centro de ensino ou dun lugar de traballo que forme parte de GcG ou/ e da súa Rede (REP).”

Son a parte viva da Asociación, reciben escola, dan escola, manteñen a escola, poñen en práctica o obxecto e os fins da Asociación. Obteñen un beneficio por ser usuarios da Rede Popular de Ensino.

Socios/as numerarios/as: Son aquelas persoas que, sen ser socios/as beneficiarios/as, contribúen ao mantemento de GcG e da Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola” (CEPA).”

Son o cerne da asociación, que ademais de contribuír economicamente e socialmente (sen ser beneficiarios), colaboran no mantemento da Rede Popular de Ensino e son tamén socios da Cooperativa Popular de Ensino, que é a ferramenta de garantía da educación en galego.

Os socios beneficiarios e numerarios son os que fan posíbel Galiza co Galego.

En conxunto todos os socios/as forman a base social de Galiza co Galego.

Estabelecéronse as seguintes cotas para os socios e socias:

Socios/as protectores/as: non se determinou importe de cota económica.
Socios/as numerarios/as: 10 euros mensuais.
O estabelecemento das cotas de socios/as realizouse en base aos seguintes criterios, para a súa distribución anual durante o ano 2012:
10 euros para os gastos de Galiza co Galego, como os derivados de facer reunións, organizar actos, envío de cartas, etc.
10 euros para achegar capital á Cooperativa Popular de Ensino “Avoaescola”, co obxecto de contribuír ao capital social preciso para a súa constitución e viabilidade.
100 euros (10 cotas mensuais de 10 euros) para o Fondo de Escolas, precisos para garantir o dereito á educación en galego e a viabilidade das escolas.

A achega ao fondo da escola popular que efectúa cada socio/a, a modo de préstamo, por un importe mínimo de cen (100) e máximo de douscentos (200) euros, contribución que pode realizarse por xunto ou como máximo en dez (10) cotas nun período non superior ao ano.

A asemblea xeral de socios será quen determine o importe da achega ao fondo da escola popular, dentro dos límites estabelecidos. Os/as socios/as terán a obriga de aboar a diferenza en caso de que a achega satisfeita ao fondo da escola popular fose inferior, e a recibir a devolución correspondente no caso de ser superior.” [artigo 32.c]”

Conforme á conta de resultados, á finalización do exercicio económico estabelecerase a porcentaxe da totalidade da achega realizada polo socio/a ao fondo da escola popular que, sen pór en perigo a consecución dos fins da asociación, ten dereito a que lle sexa restituída no caso de baixa. [artigo 32.e]

 

Dominio, e aoloxamento web na empresa galega: