A traxectoria do grupo de Rap Galego Ezetaerre comezou en xuño de 2015, cando os tres integrantes fixeron unha canción satírica contra a fusión de facultades na Universidade da Coruña. A finais dese mesmo ano, publicaron «Berros do mar», tema que se integrou posteriormente na maqueta do grupo, publicada en marzo de 2016 e composta por 10 temas.

En maio do ano 2016, Ezetaerre gañou o III Premio Revenidas de Música Emerxente, que lles deu a oportunidade de poder actuar en directo na edición dese ano do Festival Revenidas (Vilaxoán en Vilagarcía de Arousa)

 

SITIO WEB: https://ezetaerre.com/