Hosting pola empresa galega dinahosting

Galiza co Galego - Avoaescola

Menu


Avoaescola

Constitución en escritura pública da Cooperativa de Ensino "Avoaescola"

Este sábado, día 19, na sede do Ateneo Ferrolán situada na rúa Magdalena nº 202 en Ferrol, ás 12 horas, nun acto aberto á cidadanía, procedeuse ao outorgamento de escritura pública de constitución da Cooperativa “Avoaescola”.

Avoaescola ten como obxecto social o dar escola coas seguintes características:

  • Democrática, participativa e popular, cun ideario laico e pluralista.

  • Que garanta o uso da lingua galega como lingua vehicular do ensino e do normal desenvolvemento no ámbito de actuación.

  • Que fomente a aplicación dos métodos e medios pedagóxicos e científicos necesarios para conseguir un ensino de calidade, na procura da excelencia, pondo especial atención na formación íntegra e solidaria e no respecto dos dereitos humanos e do medio.

  • Que aplique a didáctica comparada das linguas romances: francés, italiano, galego, castelán, catalán, portugués... de xeito que se obteña a competencia lingüística dende o punto de vista da comunicación oral e escrita nunha delas, amais do castelán, do galego e do portugués; e noutras, a competencia na utilización dos recursos para lograr a súa comprensión escrita e afondar no seu estudo.

  • Que promova o estudo doutra lingua diferente das romances, por exemplo: o inglés, o alemán, o ruso, o chinés... que permita conseguir unha competencia lingüística suficiente nunha delas, ademais de procurar nocións de lingua vasca (éuscaro), como outra lingua do Estado Español.

  • Que fomente e participe , no seu caso, dunha Rede de Ensino Popular (REP), para ensinar en galego e ser universal, laica e pluralista; e contribuír á formación, así como ao seu perfeccionamento e actualización pedagóxica.

  • Que procure os recursos necesarios para poder dar escola en galego e poñelos á disposición de quen os necesite, e axudarlles a conseguir ás familias os medios precisos.

  • Dar escola en calquera lugar de Galiza en onde a cidadanía o demande.

Avoaescola é unha cooperativa sen ánimo de lucro en beneficio da sociedade galega.

A asociación Galiza co Galego é o apoio social e económico da Avoaescola.

Un día para lembrar !!.