Galiza co Galego
Galiza co Galego é unha asociación sen ánimo de lucro que está a constituír o Fondo económico da Escola Popular, para axudar ás familias a exerceren o dereito universal da infancia á educación, unha educación en galego, laica, pluralista, democrática, de valores e de calidade.
Galiza co Galego apoia a viabilidade económica das escolas en galego e a posta en marcha da Rede de Escolas Populares Infantís.
Por medio da Cooperativa Popular de Ensino “Avoaescola” como ferramenta para dar escola, está a crear espazos de educación infantil en galego, como Avoaescola Ferrolterra.
“Socios/as protectores/as: Son aquelas persoas que, libre e voluntariamente, realizan traballos non remunerados ou achegas que contribúen a que GcG poida conseguir os seus fins.”
Son todas as persoas, estudantes, pensionistas, parados,etc que non poden ou non desexan comprometer unha achega económica, e tampouco desexan ou poden ter un compromiso de participación na Asociación. As súas contribucións son voluntarias e sen estabelecemento de cantidade.
Ser, unicamente, socio protector é pois unha situación especial de colaboración coa Asociación.
“Socios/as beneficiarios/as: Son aquelas persoas que contribúen ao mantemento de GcG, tanto poden ser alumnos/as coma titores, persoal docente ou non docente dun centro de ensino ou dun lugar de traballo que forme parte de GcG ou/ e da súa Rede (REP).”
Son a parte viva da Asociación, reciben escola, dan escola, manteñen a escola, poñen en práctica o obxecto e os fins da Asociación. Obteñen un beneficio por ser usuarios da Rede Popular de Ensino.
“Socios/as numerarios/as: Son aquelas persoas que, sen ser socios/as beneficiarios/as, contribúen ao mantemento de GcG e da Cooperativa de Ensino Popular “Avoaescola” (CEPA).”
Son o cerne da asociación, que ademais de contribuír economicamente e socialmente (sen ser beneficiarios), colaboran no mantemento da Rede Popular de Ensino e son tamén socios da Cooperativa Popular de Ensino, que é a ferramenta de garantía da educación en galego.
Os socios beneficiarios e numerarios son os que fan posíbel Galiza co Galego.
En conxunto todos os socios/as forman a base social de Galiza co Galego.
Estabelecéronse as seguintes cotas para os socios e socias:
“A achega ao fondo da escola popular que efectúa cada socio/a, a modo de préstamo, por un importe mínimo de cen (100) e máximo de douscentos (200) euros, contribución que pode realizarse por xunto ou como máximo en dez (10) cotas nun período non superior ao ano.
A asemblea xeral de socios será quen determine o importe da achega ao fondo da escola popular, dentro dos límites estabelecidos. Os/as socios/as terán a obriga de aboar a diferenza en caso de que a achega satisfeita ao fondo da escola popular fose inferior, e a recibir a devolución correspondente no caso de ser superior.” [artigo 32.c]”
“Conforme á conta de resultados, á finalización do exercicio económico estabelecerase a porcentaxe da totalidade da achega realizada polo socio/a ao fondo da escola popular que, sen pór en perigo a consecución dos fins da asociación, ten dereito a que lle sexa restituída no caso de baixa. [artigo 32.e]”
Dominio, e aoloxamento web na empresa galega: